Contido coa etiqueta .
Abusos Sexuais

24/01/2025 13:19
O alto tribunal galego acepta o recurso do acusado, que fora condenado en primeira instancia pola Audiencia de Pontevedra a unha pena dun ano de prisión

Fala a filla de Pelicot: "Creo que a min tamén me violou"
13/01/2025 13:49
Desvelou na BBC que a policía atopou no ordenador do pai imaxes de cando ela era moza, inconsciente nunha cama e só con roupa interior
Hoxe Caroline Darian, que renunciou ao apelido paterno, ten 46 anos e dedícase a loitar contra a submisión química

Once anos de prisión por violar a filla da súa parella cando tiña 8 anos
20/12/2024 13:03
Foi declarado culpable dun delito continuado de abuso sexual coa concorrencia da atenuante de dilacións indebidas
A sentenza aínda non é firme e pode ser recorrida ante o TSXG

Condenado a 11 anos e 3 meses de prisión por abusar de tres familiares, dúas delas menores de idade
19/12/2024 10:49
A vítima maior de idade é prima segunda do acusado, mentres que as menores son as netas da súa parella
As tres vítimas chegaron a convivir nalgún momento co acusado, sufrindo reiteradamente os seus abusos sexuais

Arquivada a denuncia de Aída Nízar contra Íñigo Errejón por abuso sexual e vexacións
16/12/2024 12:10
O Xulgado de Instrución número 11 de Barcelona considera o caso "prescrito" e dá por extinguida a responsabilidade penal do exdeputado de Sumar

A cadea ABC acorda pagarlle 15 millóns de dólares a Trump por difamación
15/12/2024 08:41
O seu principal presentador dixo en varias ocasións que o presidente electo fora declarado culpable de violar a escritora E. Jean Carroll
Un tribunal condenou a Donald Trump de abusar sexualmente da muller, pero non de violala

12/12/2024 14:33
O Xulgado de Menores impónlle nove meses de liberdade vixiada

O deportista Gervasio Deferr nega as acusacións de abuso sexual e defende a súa inocencia
04/12/2024 08:45
O xornal El País publicou a acusación dunha muller que relataba ser violada polo deportista cando ela era menor de idade, e, segundo ela, habería dúas vítimas máis, tamén menores

A Fiscalía pide 20 anos para Dominique Pelicot, a máxima pena posible por violación
25/11/2024 12:48
O acusado, que recoñece os delitos que se imputan, tomou miles de fotos e vídeos das violacións, documentos que se converteron na proba clave para a acusación dos 51 homes que sentan no banco

Dominique Pelicot: "Nunca debín facer isto, vou morrer coma un can"
20/11/2024 11:10
O home está acusado de drogar durante 10 anos a súa muller para abusar dela sen o seu consentimento e para que tamén a violasen decenas doutros homes aos que gravaba
Nesta última declaración mantén que non lle fixo o mesmo á súa filla

Gisèle Pelicot encárase cos seus violadores e afirma que "a cicatriz non se pechará nunca"
19/11/2024 12:26
Pelicot preguntou aos que sentan no banco, a modo de reproche, en que momento pedíranlle permiso cando a violaban

Podemos di que informou a Yolanda Díaz en 2023 dunha denuncia por acoso contra Errejón
28/10/2024 14:59
A dirección de Más Madrid insiste en que "ninguén sabía nada" do comportamento machista de Errejón
Manuela Carmena: "É terrible"
Rita Maestre asegura que dous dos casos denunciados tiveron lugar cando ela era parella do político

O xuízo a Depardieu por abuso e agresión sexual aprázase ata marzo polos seus problemas de saúde
28/10/2024 08:47
Depardieu alegara que está enfermo para pedir un atraso do seu xuízo por agresión e abuso sexual
O avogado do actor di que Depardieu "quere expresarse" e que para el é "moi importante" prestar declaración

Tres anos de prisión para un veciño de Narón por abuso sexual a un menor que coñeceu por Internet
21/10/2024 19:45
O home negou coñecer a idade da vítima: "Percibín un encontro entre adultos"
Ademais terá que pagar unha multa por delito de exhibicionismo

Pelicot confesa: "Son un violador, como o resto de acusados, que sabían todo"
17/09/2024 11:41
O francés acusado de drogar á súa muller para que medio cento de homes abusaran sexualmente dela durante anos recoñeceu os feitos

Suspéndese o xuízo en Aviñón para saber o estado real de saúde do principal acusado
16/09/2024 10:24
A avogada de Dominique Pelicot, o home que supostamente drogou a súa muller durante anos para que a violasen decenas de homes, dixo que o seu cliente está impaciente por declarar

Hugo Mallo, condenado por abuso sexual á muller que facía de mascota do Español
12/09/2024 11:17
Ao futbolista impónselle unha multa de 20 meses a razón de dez euros diarios e pagar unha indemnización de 1.000 euros á vítima por danos morais
Hugo Mallo publicou un comunicado onde nega "rotundamente" os feitos e amosa o seu "total desacordo" coa sentenza

09/09/2024 11:30
"Confío plenamente na Administración de Xustiza deste país, coa que colaborei desde o primeiro minuto para esclarecer os feitos", declarou Rafa Mir nun comunicado difundido na súa conta de X unha semana despois de ser acusado de agresión sexual por dúas mulleres

05/09/2024 12:20
A vítima pediu que o proceso que se segue en Aviñón se faga en público para que se saiba todo e ningunha outra muller sufra unha submisión química
Gisèle Pelicot, que ten agora 71 anos, foi violada inconsciente decenas de veces entre 2011 e 2020 por decenas de homes cos que contactaba o seu marido

A Garda Civil detén o futbolista do Valencia Rafa Mir, denunciado por agresión sexual
03/09/2024 14:00
A denuncia interpúxoa unha muller de 25 anos que di que foi agredida xunto con outra muller no domicilio particular de Rafa Mir
Nos feitos, segundo o relato da denunciante, participaría outro home, tamén detido

A policía intensifica a busca do sacerdote vigués condenado por abusos a menores
14/08/2024 10:04
O salesiano Segundo Cousido figura na lista dos dez delincuentes máis buscados de España

Un profesor de Ourense é condenado a 13 anos e medio por violar unha alumna menor de idade
19/07/2024 15:52
Contactou coa vítima a través das redes sociais ocultando a súa identidade e abusou dela aproveitándose da súa vulnerabilidade
Estará inhabilitado de traballar con menores durante 21 anos e terá 8 anos de liberdade vixiada cando saia de prisión

O TSXG confirma a pena de catro anos de cárcere para un home por violar unha menor en Ourense
09/07/2024 15:38
Entende que “a declaración da vítima, a da súa amiga, a da súa nai e o informe dos peritos constitúen un arsenal probatorio de cuxa entidade non se pode dubidar"
Os maxistrados entenden que o seu diagnóstico de esquizofrenia paranoide non afectou o desenvolvemento dos feitos

Condenado a 35 anos de prisión o acusado da brutal agresión sexual a unha menor en Igualada
08/07/2024 10:21
O sentenza impón tamén unha indemnización de 332.727 euros
O Ministerio Público solicitaba para o acusado 45 anos de prisión por asasinato en grao de tentativa e agresión sexual

Reábrese o caso da violación dunha moza nas festas do Porriño en xullo de 2023
05/07/2024 13:11
O xulgado de instrución 2 do Porriño ordena o cotexo de perfís de ADN atopados na roupa da vítima

O cineasta Benoît Jacquot, imputado por violación de dúas actrices, unha delas menor
03/07/2024 20:44
Foi imputado este mércores por catro cargos relacionados coas violacións das actrices Julia Roy e Isild Le Besco, esta última cando era menor de idade.
As investigacións comezaron a partir das denuncias lanzadas pola actriz Judith Godrèche

Condenan a cinco anos de cárcere un home que abusou dunha menor, filla dunha amiga
03/07/2024 16:49
Os maxistrados deron credibilidade á declaración "rotunda e perseverante" da vítima, pero absolveron o acusado doutros abusos

Os menores acusados dunha agresión sexual a unha nena de 12 anos son inimputables
27/06/2024 18:16
A Fiscalía trasladou o caso ao Servizo de Protección de Menores

O TSXG ratifica 11 anos de cárcere para a educadora social que abusou dunha menor
11/06/2024 16:59

Condenan a 14 anos de cárcere un pai por abusar sexualmente da súa filla
05/06/2024 13:33
O acusado non poderá ademais achegarse a menos de 200 metros nin comunicarse coa súa filla durante dez anos máis da pena imposta, é dicir 24 anos, terá que indemnizala con 30.000 euros e quedará inhabilitado para traballar con menores

Prisión sen fianza para o mestre de Lugo acusado de agresións sexuais a oito alumnas
31/05/2024 13:26
Para o caso de que saia de prisión, prohíbenlle achegarse ás menores, ao centro educativo e exercer calquera profesión que supoña contacto con menores mentres dure a instrución da causa

Condenado na Coruña a 11 anos de cárcere por violar a filla da súa parella
30/05/2024 16:53
As agresións comezaron cando a vítima tiña 15 anos
O procesado ameazaba a rapaza con deixar a súa nai e botalas da casa se non accedía a manter relacións sexuais con el

O profesor acusado de abusar de 9 alumnas en Lugo pasará este venres a disposición xudicial
29/05/2024 18:19
Xa hai nove denuncias e a policía non desbota que aparezan máis casos
O home permanece detido na Comisaría Provincial de Lugo

Investigan un profesor dun colexio de Lugo por supostos abusos a varias alumnas
29/05/2024 09:54
A policía confirma que polo momento hai cinco denuncias presentadas e Educación abriu dilixencias
O mestre investigado está de baixa e esta semana xa non impartiu clases
O caso destapouse tras unha denuncia conxunta de varias nenas na caixa de correo de suxestións da súa clase

Aberta unha investigación por abusos sexuais a menores nun colexio de Getxo
28/05/2024 09:21
Catro familias denunciaron o profesor de inglés do centro por agredir presuntamente as súas fillas de tan só catro anos
O Colexio Europa asegura que "actuou con dilixencia" e que apartou o docente do centro educativo

Condenado a prisión permanente revisable o asasino de Manuela Chavero
27/05/2024 12:02
A Audiencia Provincial de Badaxoz ratifica o veredicto de culpabilidade do xurado popular
Segundo a sentenza, despois de violala o acusado causou “intencionada e deliberadamente” a morte da muller con finalidade de ocultar a súa acción delituosa
A sentenza non é firme
_frame_5803.png)
O xurado declara culpable de violación e asasinato o veciño de Manuela Chavero
17/05/2024 14:16
A Fiscalía pide prisión permanente revisable para Eugenio Delgado

Arranca o xuízo pola morte de Manuela Chavero hai oito anos en Monesterio
13/05/2024 14:54
A Fiscalía e as tres acusacións particulares piden para Eugenio Delgado prisión permanente revisable
A defensa pide a libre absolución por falta de probas

Un tribunal de Nova York anula a condena a Harvey Weinstein
25/04/2024 16:33
Weinstein cumpre dúas penas de prisión por abusos sexuais, polo que a anulación deste xoves non significaría a súa excarceración, senón o seu posible traslado para cumprir a segunda sentenza

23/04/2024 10:52
A Igrexa responde o Goberno: "Non aceptamos un plan que discrimina a maioría de vítimas"
Antes da resposta da Conferencia Episcopal o ministro Félix Bolaños asegura que "a Igrexa católica ten vontade de colaborar"
As medidas parte das recomendacións feitas polo informe elaborado polo Defensor do Pobo